Sobre este blog
Neste blog pretendo ir colgando os exercicios e videotitoriais que emprego nas miñas aulas de tecnoloxía para que calquera que estea interesado/a poida aproveitalos tamén. Esta é a miña primeira experiencia web, así que espero que saibades desculpar as imperfeccións que irei tentando arranxar co tempo. Supoño que, sobre todo nestas primeiras semanas, irá habendo cambios frecuentes na estrutura e nos contidos.
En realidade xa teño gravadas 27 unidades (9 de qcad e 18 de Inkscape) que son coas que eu traballei no meu cole. Ao blog vou subindo as que están un pouco máis arranxadiñas. Se, de todos os xeitos, algún ou algunha de vós xa as queredes, deixade un comentario cun contacto e xa verei como facer para enviárvolas (pesan uns 500 MB).
Coido que ningún dos debuxos que aparecen nos videotitoriais son orixinalmente meus, grazas a toda a comunidade OCAL polo traballo que fan e a xenerosidade á hora de compartir.
As moitas correccións ortográficas precisas para manter este blog cun pouquiño de xeito, vainas facendo Lorena Rei no tempo que lle deixa libre a súa afección ás oposicións, eu agradézollo.