Qcad 06 – Textos e atributos
Vale, vale… imos aprender a cambiarlle a cor ás liñas! (Aínda non te preguntaras como se fai?)
E si… tamén lle poderás poñer o teu nome enriba aos teus marabillosos debuxos.
Observa o exemplo 6 para ver como se fai todo isto.

Despois de ver o exemplo, abre un documento novo e debuxa nel catro figuras diferentes (p.ex. unha elipse, un rectángulo, unha estrela e un polígono) usando para cada unha un tipo e ancho de liña diferente. Ponlle enriba o nome a cada figura.
Cres que falta algún texto ou que hai que cambiar algunha liña nos exercicios que tes feitos? Faino se é así…








