Obxectivos, contidos e avaliación.

Información preferente para profesoras e profesores:

Neste documento resumo os obxectivos da área de tecnoloxía que creo que cubren estes videotitoriais, en función das capacidades que axudan a desenvolver. Tamén se inclúen os contidos que se tocan, non só ao realizar os exercicios en sí, se non polas habilidades que se precisan e desenvolven ao acceder aos recursos e traballar no contorno web.
A metodoloxía de avaliación que se empregou e se recomenda é a de observación directa e diaria do traballo en clase e dos seus resultados, recollendo a información precisa no caderno do profesor atendendo aos criterios de avaliación que se recollen no recadro e que son os que eu considero que este recurso abrangue. Para completar esta observación, están as propostas de probas de avaliación ás que se pode acceder desde a guía didáctica. Se es usuario non docente, a propia realización dos exercicios que se propoñen e das actividades de avaliación, xa che irán amosando  como avanzas.