Guía didáctica
Principalmente adicado a profesores/as:
Ler tamén a páxina “Como traballar coas unidades”
- Aclaracións e recomendacións varias:
A temporalización que expoño é a que marcaron as condicións de tempo e equipos do meu centro, polo que será variable. Isto supoño que se notará particularmente en 2º da ESO, onde o alumnado tiña que compartir ordenadores e facer os exercicios por turno.
É moi convinte ter antes de empezar todos os equipos cos programas necesarios instalados, cascos e sonido ben configurado, en caso contrario os problemas irán caendo a contagotas e será difícil avanzar con xeito.
Eu apliquei as unidades nas clases de tecnoloxía e as entronquei no currículo desta materia, pero penso que serían igualmente útiles en Educación Plástica e Visual.
É moi útil aproveitarse do alumnado que vai máis avanzado para que axude a aquel que se move máis lento, eu tiven un magnífico grupo de “expertiños” que me axudaron a min e aos seus compañeiros como auténticos profesionais.
A miña guía didáctica non é máis que unha proposta, o recurso pode empregarse como a cada quen lle pareza e modificarse canto se crea preciso.
Eu agradecerei calquera suxerencia que me chegue.