Como traballar coas unidades?
É preciso ter instalado o programa do que se queira facer o titorial (qcad ou inkscape), os titoriais de inkscape están feitos na penúltima versión do programa (0.45 instalador para windows), pero ningunha das ferramentas empregadas neles (agás, se cadra, no exercicio de construír un cubo) cambian na última versión dispoñible (0.46).
Os vídeos e os exercicios descárganse dende unha páxina externa de aloxamento de arquivos (mediafire), só hai que premer nas ligazóns correspondentes, agardar un intre a que apareza “Click here to Download”, premer e… agardar un anaco máis! Están en formato .ogg, un formato libre que len case todos os reprodutores de software libre, pero que Windows Media ten certa dificultade para recoñecer. Eu recoméndoche que, se tes problemas, descargues o Vlc Media Player dende aquí.
O xeito de ir traballando sería o de ler a anotación do blog, onde se dá unha breve explicación sobre o que se vai facer, logo ver o exemplo en forma de videotitorial que explicará o procedemento a seguir e, finalmente, realizar os exercicios que nalgúns casos precisarán ser descargados e noutros faranse sobre documento novo creado polo alumno/a. Para facer as avaliacións, descarga a guía didáctica e desde ela poderás acceder aos documentos coas propostas de avaliación.
Espero que vos gusten!