Arquivos porInkscape básico

Inkscape 08 – Operacións lóxicas

Neste exercicio vas aprender a manexar unhas ferramentas moi útiles para combinar figuras, as operacións lóxicas.
Observa o exemplo 8 para ver en que consisten.

exercicio-8-operacions-loxicas-imaxe-blog.png

Abre agora o exercicio 8 e emprega a túa mente lóxica para conseguir refacer as figuras que se che propoñen empregando o círculo e a estrela.
En canto teñas superado o reto, arrastra os textos debaixo de cada figura para indicar a operación que realizaches en cada caso.

Comentarios

Inkscape 07 – Hai outras formas.

Neste exercicio vas aprender a facer novas formas, un pouco máis complexas que as que fixeches até o de agora pero tamén máis interesantes.

Descarga e observa o exemplo 7 e le o titorial de formas se che quedou algunha dúbida, logo emprega toda a información que obtiveche para xogar coas ferramentas de formas e todas as súas opcións de modificación.
imaxe exercicio 7 formas

Tes 15 minutos para facer un documento novo con, alo menos, 9 formas que che gusten, entre elas ten que haber obrigatoriamente un círculo, unha elipse aberta, unha estrela, un polígono regular e unha espiral, pero as posiblidades son moitísimas!

Comentarios

Inkscape 06 – Cadrados e rectángulos.

Neste exercicio vas aprender a facer figuras baseadas nos rectángulos, para iso descarga e abre o exemplo 6.

Cando remates, abre un documento novo (pos o teu nome exercicio6) e reproduce do xeito máis aproximado as cinco figuras da imaxe, facendo caso tamén das súas posicións.

imaxe exercicio 6 atributos

Observa que algúns dos rectángulos son cadrados exactos, e ten en conta que no vídeo poden non parecelo dependendo da resolución da pantalla. Emprega os manexadores de redondeo para conseguir as figuras de abaixo.

Se queres profundar neste tema ou che xorden dúbidas, podes consultar o apartado “Rectángulos” do titorial de formas.

Comentarios

Inkscape 05 – As cores en Inkscape

Descarga o exemplo 5 e mírao con atención.
Descarga e abre tamén o exercicio 5, nel tes que practicar coas ferramentas para traballar coa cor que se che ensina no vídeo.

inkscape 05 - as cores

É importante que ti mesmo/a xogues cos distintos xeitos de crear unha cor para atopar as que máis che gusten e que empregues as ferramentas “contagotas” e “pegar estilo” para avanzar máis rápido.
A ver se tes mellor ollo para as cores ca min!

Comentarios

Inkscape 04 – Constrúe un cubo

Aí vai un complicado! Neste exercicio debes abrir un documento novo, titúlao ”o teunome exercicio4”.
Aínda que o Inkscape non está pensado para iso, vas aprender a facer figuras en perspectiva isométrica… lémbraste do que é, non si?
Inkscape 04 - Constrúe un cubo

Observa o exemplo 4 e fíxate moi ben nos pasos, convén que vaias parando o vídeo en cada un deles e facendo aos poucos o exercicio para non perderte. Lembra tamén que o valor que empregamos ao “estirar” a figura para que encaixen as caras é do 15,5%.

Os que xa teñades a versión 0.46 de Inkscape podedes probar coa nova ferramenta de creación de figuras en perspectiva, xa veredes o tempo que vos aforra e as posibilidades que vos dá!

Comentarios

Inkscape 03 – Construír con cubos

Baixa e abre o exercicio 3.
Atréveste a reconstruír as pezas do cubo soma a partir de cubos?

exercicio 3 inkscape imaxe

Duplica o cubo que se che dá todas as veces que che faga falla e téntao!
Lembra que terás que usar os comandos de mover arriba e abaixo na orde da pila que se che explicaban no titorial básico.
Observa o exemplo 3 se queres unha axuda.

Comentarios

Inkscape 02 – Ponlle o chapeu

Descarga e abre o exercicio 2.
Verás varios debuxos de Jock (todos de dimensións diferentes) e un chapeu.

Volta a botarlle un ollo ao titorial básico e fíxate, sobre todo, en como se fai para duplicar un obxecto (o atallo de teclado é moi útil) e para escalalo, rotalo ou inclinalo empregando os manexadores. Usando estes comandos terás que facer tantos chapeus como sexan precisos e logo modificalos e colocárllelos axeitadamente a cada debuxo de Jock.

imaxe exercicio 2 ponlle chapeu

Mira que lle asenten ben!

Podes baixar o exemplo 2 para ver como se fai.

Debuxo de Jock de nicubunu e chapeu de kattekrab.

Comentarios

Inkscape 01 – Colocar no seu sitio

Para empezar esta unidade tes que descargar o exercicio 1. Cando o teñas descargado, ábreo e  axudarache a ordenar un pouco o barullo de figuras que están no círculo.

exercicio 1 inkscape imaxe

Empregando as ferramentas de zoom e selección que se explican neste titorial básico, móvete polo debuxo para localizar as figuras e arrastralas ao recadro correspondente.
Presta moita atención e revisa ben, algúns debuxos están moi agochados! Cando teñas atopado 10 vacas, 10 poliños con gafas, 8 cans magos e 15 elefantes acabarás o exercicio. Podes descargar e observar o exemplo 1 para ver como se fai.

Vaca de mairin , cans, elefante e poliños de Gerald_G, grazas tamén aos autores/as dos outros debuxos.

Comentarios