Inkscape avanzado - Unidades provisionais
Visto que a estas alturas de xullo xa non son quen de render moito no traballo, deixo máis abaixo as ligazóns ás unidades de Inkscape Avanzado que tiña feitas. Están probadas cos meus alumnos/as de 4º da ESO e, en xeral, funcionaron ben. Son exercicios máis complexos que os anteriores, os videos son máis longos e hai que prestar máis atención, pero os resultados son tamén moito máis potentes. Teño en mente correxir os erros que detectei e refacelas xa con Inkscape 0.46, pero iso supoño que non acontecerá até a volta do verán. Se alguén lles bota un ollo e me quere mandar suxerencias para a súa corrección, eu encantado.
Aquí tedes as ligazóns:
Unidade 1 - Debuxar unha esfera 3D

Unidade 2 - Facer unha insignia

Unidade 3 - Trazos e patróns

Unidade 4 - Unha machada

Unidade 5 - Traballando con textos e Unidade 6 -Traballando con clipart

Unidade 7 - Facendo trampas?

Unidade 8 - Vectorizando o mundo

Desgraciadamente (para min) eu non son quen ten o mérito destes titoriais, todos están baseados nos feitos pola comunidade Inkscape e xenerosamente postos a disposición de todo o mundo aquí. Moitas grazas a todos e todas as que comparten o saber.
Vémonos en setembro!