Qcad 07 - Un exercicio con vistas
Lembras aínda aqueles tempos cando tiñas que facer as vistas dunha peza?
Lembras como había que encaixar o perfil e a planta co alzado, trazar as liñas auxiliares, facer paralelas coa escuadra e cartabón, ter en conta as proporcións…
Pois non o esquezas! vaiche facer falla se queres facer este exercicio, pero… olla o traballo que imos aforrar no exemplo 7.
Abre o ficheiro correspondente ao exercicio 7.1 e fai nel as vistas que che indique o teu profesor.