Archives byxuño, 2008

Qcad 09 - Acotación

imaxe exercicio 9 acotación

EXAME SORPRESA: Tes que poñerlle as cotas (si, iso, as medidas) a todos os debuxos de todos os exercicios que tes feito até o momento. Tes 20 minutos para facelo.
Acabas de levar un susto? Mmm… imos deixar pasar o deste exame, pero imos ver o exemplo 9 e despois disme se segues pensando que era tan imposible facelo en tan pouco tempo.
Fai logo o exercicio 9.1

É importante observar que, para que o sistema de acotación de Qcad funcione correctamente, debemos sempre debuxar en dimensións reais, sexan estas milímetros, metros ou quilómetros. Se despois queremos imprimir o que temos feito, será no menú da impresora onde se escale convenientemente.

Lembra que, unha vez máis, o Qcad só nos aforra tempo automatizándonos certos labores rutinarios e ofrecéndonos ferramentas de axuda, pero ninguén te libra de aprenderte a teoría de debuxo! :-(

Comentarios

Qcad 08 - Cortar e pegar

Parácheste algunha vez a pensar en canto valería a informática se non existise cortar-pegar?
Evidentemente, Qcad tamén ten que ter as súas funcións de cortar-copiar-pegar, que tamén chamamos “mover”.

imaxe para os exercicios 08 de qcad

Observa as peculiaridades deste comando en Qcad no exemplo 8, e logo abre os ficheiros 8.1, 8.2, 8.3 e 8.4 para facer eses exercicios.
Lembra que podes aforrar moito tempo empregando os atallos de teclado para cortar (ctrl+x), copiar (ctrl+c) e pegar (ctrl+v).

Comentarios

Inkscape 08 - Operacións lóxicas

Neste exercicio vas aprender a manexar unhas ferramentas moi útiles para combinar figuras, as operacións lóxicas.
Observa o exemplo 8 para ver en que consisten.

exercicio-8-operacions-loxicas-imaxe-blog.png

Abre agora o exercicio 8 e emprega a túa mente lóxica para conseguir refacer as figuras que se che propoñen empregando o círculo e a estrela.
En canto teñas superado o reto, arrastra os textos debaixo de cada figura para indicar a operación que realizaches en cada caso.

Comentarios

Inkscape 07 - Hai outras formas.

Neste exercicio vas aprender a facer novas formas, un pouco máis complexas que as que fixeches até o de agora pero tamén máis interesantes.

Descarga e observa o exemplo 7 e le o titorial de formas se che quedou algunha dúbida, logo emprega toda a información que obtiveche para xogar coas ferramentas de formas e todas as súas opcións de modificación.
imaxe exercicio 7 formas

Tes 15 minutos para facer un documento novo con, alo menos, 9 formas que che gusten, entre elas ten que haber obrigatoriamente un círculo, unha elipse aberta, unha estrela, un polígono regular e unha espiral, pero as posiblidades son moitísimas!

Comentarios

Qcad 07 - Un exercicio con vistas

Lembras aínda aqueles tempos cando tiñas que facer as vistas dunha peza?
Lembras como había que encaixar o perfil e a planta co alzado, trazar as liñas auxiliares, facer paralelas coa escuadra e cartabón, ter en conta as proporcións…imaxe exercicio 7 vistas
Pois non o esquezas! vaiche facer falla se queres facer este exercicio, pero… olla o traballo que imos aforrar no exemplo 7.
Abre o ficheiro correspondente ao exercicio 7.1 e fai nel as vistas que che indique o teu profesor.

Comentarios