Inkscape 02 - Ponlle o chapeu
Descarga e abre o exercicio 2.
Verás varios debuxos de Jock (todos de dimensións diferentes) e un chapeu.
Volta a botarlle un ollo ao titorial básico e fíxate, sobre todo, en como se fai para duplicar un obxecto (o atallo de teclado é moi útil) e para escalalo, rotalo ou inclinalo empregando os manexadores. Usando estes comandos terás que facer tantos chapeus como sexan precisos e logo modificalos e colocárllelos axeitadamente a cada debuxo de Jock.

Mira que lle asenten ben!
Podes baixar o exemplo 2 para ver como se fai.
Debuxo de Jock de nicubunu e chapeu de kattekrab.