Inkscape 06 - Cadrados e rectángulos.
Neste exercicio vas aprender a facer figuras baseadas nos rectángulos, para iso descarga e abre o exemplo 6.
Cando remates, abre un documento novo (pos o teu nome exercicio6) e reproduce do xeito máis aproximado as cinco figuras da imaxe, facendo caso tamén das súas posicións.

Observa que algúns dos rectángulos son cadrados exactos, e ten en conta que no vídeo poden non parecelo dependendo da resolución da pantalla. Emprega os manexadores de redondeo para conseguir as figuras de abaixo.
Se queres profundar neste tema ou che xorden dúbidas, podes consultar o apartado “Rectángulos” do titorial de formas.








