Forzando o Qcad.

captura forzar

Como vedes, outra vez pasou moito tempo desde o último videotitorial. A verdade é que o motivo principal é que sigo a traballar con todo o feito desde o ano pasado, pero tamén que a maioría do meu traballo agora está aquí.

O exercicio de hoxe é tamén de previos que vin que quedaban frouxos cos videotitoriais que había até agora, e trátase da ferramenta de forzado do Qcad.

Podedes ver de que se trata iso neste exemplo, e logo baixarvos o exercicio para practicar.

Que o forcedes ben!

Comentarios

Qcad aínda máis básico.

Despóis de moito tempo sen colgar nada, déixovos un novo video e exercicio.

Facendo o “curso” completo de Qcad o ano pasado, decateime de que a moitos de vós facíasevos difícil seguir os videos porque deixara sen traballar suficientemente algúns conceptos básicos e, ao ser os videos longos, perdedes o fío da explicación. Para tentar solventar isto, empezo esta serie de “previos” ao Qcad básico, mellor que avanzar máis no programa.

O primeiro exercicio que tedes que facer é contar as circunferencias brancas que hai neste documento, empregando para iso as ferramentas de zoom e moverse no papel que se explican neste exemplo.

Espero que isto facilite as cousas, se non é así facédemo saber!

EDICIÓN: O video quedara cun volume moi baixo, agora está mellor.

Comentarios

Novo proxecto

Como xa é gratis, abrín un google site para meter os meus traballos, xa que no formato blogue (que é o único que o meu fraco coñecemento de informática me permitiu usar até agora) se me faría máis difícil ir engadindo cousas diferentes dos titoriais. Así que, de momento polo menos, os videotitoriais seguirán aparecendo por aquí, pero podedes consultar outras cousas de tecnoloxía e Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras no meu recén estreado sitio http://sites.google.com/site/sitiotuchomendez/

Espero que vos guste!

O post de Analisando un proxecto emprendedor que estivo aquí uns días, xa o movín para o novo sitio.

Comentarios (3)

Inkscape avanzado – Unidades provisionais

Visto que a estas alturas de xullo xa non son quen de render moito no traballo, deixo máis abaixo as ligazóns ás unidades de Inkscape Avanzado que tiña feitas. Están probadas cos meus alumnos/as de 4º da ESO e, en xeral, funcionaron ben. Son exercicios máis complexos que os anteriores, os videos son máis longos e hai que prestar máis atención, pero os resultados son tamén moito máis potentes. Teño en mente correxir os erros que detectei e refacelas xa con Inkscape 0.46, pero iso supoño que non acontecerá até a volta do verán. Se alguén lles bota un ollo e me quere mandar suxerencias para a súa corrección, eu encantado.

Aquí tedes as ligazóns:

Unidade 1 – Debuxar unha esfera 3D

exercicio-1-esfera-blog.png

Unidade 2 – Facer unha insignia

exercicio-2-insignia-blog.png

Unidade 3 – Trazos e patróns

exercicio-3-patron-de-corazons-blog.png

Unidade 4 – Unha machada

exercicio-4-machada-blog.png

Unidade 5 – Traballando con textos e Unidade 6 -Traballando con clipart

exercicio-6-clipart-blog.png

Unidade 7 – Facendo trampas?

path2221.png

Unidade 8 – Vectorizando o mundo

vectorizacions-blog.png

Desgraciadamente (para min) eu non son quen ten o mérito destes titoriais, todos están baseados nos feitos pola comunidade Inkscape e xenerosamente postos a disposición de todo o mundo aquí. Moitas grazas a todos e todas as que comparten o saber.

Vémonos en setembro!

Comentarios

Qcad 09 – Acotación

imaxe exercicio 9 acotación

EXAME SORPRESA: Tes que poñerlle as cotas (si, iso, as medidas) a todos os debuxos de todos os exercicios que tes feito até o momento. Tes 20 minutos para facelo.
Acabas de levar un susto? Mmm… imos deixar pasar o deste exame, pero imos ver o exemplo 9 e despois disme se segues pensando que era tan imposible facelo en tan pouco tempo.
Fai logo o exercicio 9.1

É importante observar que, para que o sistema de acotación de Qcad funcione correctamente, debemos sempre debuxar en dimensións reais, sexan estas milímetros, metros ou quilómetros. Se despois queremos imprimir o que temos feito, será no menú da impresora onde se escale convenientemente.

Lembra que, unha vez máis, o Qcad só nos aforra tempo automatizándonos certos labores rutinarios e ofrecéndonos ferramentas de axuda, pero ninguén te libra de aprenderte a teoría de debuxo! :-(

Comentarios

Qcad 08 – Cortar e pegar

Parácheste algunha vez a pensar en canto valería a informática se non existise cortar-pegar?
Evidentemente, Qcad tamén ten que ter as súas funcións de cortar-copiar-pegar, que tamén chamamos “mover”.

imaxe para os exercicios 08 de qcad

Observa as peculiaridades deste comando en Qcad no exemplo 8, e logo abre os ficheiros 8.1, 8.2, 8.3 e 8.4 para facer eses exercicios.
Lembra que podes aforrar moito tempo empregando os atallos de teclado para cortar (ctrl+x), copiar (ctrl+c) e pegar (ctrl+v).

Comentarios

Inkscape 08 – Operacións lóxicas

Neste exercicio vas aprender a manexar unhas ferramentas moi útiles para combinar figuras, as operacións lóxicas.
Observa o exemplo 8 para ver en que consisten.

exercicio-8-operacions-loxicas-imaxe-blog.png

Abre agora o exercicio 8 e emprega a túa mente lóxica para conseguir refacer as figuras que se che propoñen empregando o círculo e a estrela.
En canto teñas superado o reto, arrastra os textos debaixo de cada figura para indicar a operación que realizaches en cada caso.

Comentarios

Inkscape 07 – Hai outras formas.

Neste exercicio vas aprender a facer novas formas, un pouco máis complexas que as que fixeches até o de agora pero tamén máis interesantes.

Descarga e observa o exemplo 7 e le o titorial de formas se che quedou algunha dúbida, logo emprega toda a información que obtiveche para xogar coas ferramentas de formas e todas as súas opcións de modificación.
imaxe exercicio 7 formas

Tes 15 minutos para facer un documento novo con, alo menos, 9 formas que che gusten, entre elas ten que haber obrigatoriamente un círculo, unha elipse aberta, unha estrela, un polígono regular e unha espiral, pero as posiblidades son moitísimas!

Comentarios

Qcad 07 – Un exercicio con vistas

Lembras aínda aqueles tempos cando tiñas que facer as vistas dunha peza?
Lembras como había que encaixar o perfil e a planta co alzado, trazar as liñas auxiliares, facer paralelas coa escuadra e cartabón, ter en conta as proporcións…imaxe exercicio 7 vistas
Pois non o esquezas! vaiche facer falla se queres facer este exercicio, pero… olla o traballo que imos aforrar no exemplo 7.
Abre o ficheiro correspondente ao exercicio 7.1 e fai nel as vistas que che indique o teu profesor.

Comentarios

Inkscape 06 – Cadrados e rectángulos.

Neste exercicio vas aprender a facer figuras baseadas nos rectángulos, para iso descarga e abre o exemplo 6.

Cando remates, abre un documento novo (pos o teu nome exercicio6) e reproduce do xeito máis aproximado as cinco figuras da imaxe, facendo caso tamén das súas posicións.

imaxe exercicio 6 atributos

Observa que algúns dos rectángulos son cadrados exactos, e ten en conta que no vídeo poden non parecelo dependendo da resolución da pantalla. Emprega os manexadores de redondeo para conseguir as figuras de abaixo.

Se queres profundar neste tema ou che xorden dúbidas, podes consultar o apartado “Rectángulos” do titorial de formas.

Comentarios

« Anotacións anteriores